materia gris que mancha,
que se impacta no chan ao lanzar as cabichas pola ventá.
Mentres o sol quenta nunha atípica
tarde soleada de outono.
Reménxese, ao espectar os edificios pola ventá, nun intre,
as vísceras, parte da cinza, que todos somos,
vendo que o minuteiro corre,
que a agulla do reloxo non para,
que as células están en constante loita para sortear o cancro.
Vendo como os acontecementos toman forma, pasan
como tamén pasan os días do verán,
como tamén pasan os días do verán,
do verán ao outono, de marzo a decembro
de 12 en punto a 18:10.
de 12 en punto a 18:10.
Asimilo qué cousas me achegaron
a desembarcar neste mesmo intre.
E paseniño estou, paso a paso
máis chegado a volverme pó grisáceo,
cinzas, que todos somos,
esperando desesperado ao momento
de meterme na cámara de gas,
reducindo as miñas fodidas vísceras
ao máis insignificante,
e convertirme así
en cinzas, que todos somos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario