lunes, 22 de enero de 2018

Pupila.

Dicíallo constantemente sen que o soubese. 

Cando os nosos ollos se atopaban
e as pupilas se me dilataban.
Cando cheiraba o seu negro cabelo
e o seu embigo lle bicaba.

Quérote, dicíalle. 
Sen que se percatase.
Sen imaxinar que non me decataba
de que se percataba perfectamente.

E respondíame tamén a min cas súas pupilas dilatadas,
cos seus beizos percorrendo a xeografía de gran océano e illas varadas
das miñas costas.
Co seu tacto quente mecéndome no sono da pel suave.

E, era así como me dicía,
quérote a ti tamén. 

martes, 2 de enero de 2018

O individuo solitario.

A música melancólica siempre fai compaña ao individuo solitario
nas noites mais nostálxicas.
Nas que pode botar man da alquimia da tinta, cigarro e puñada autoinflinxida,
para parar - ou canto menos intentalo - a maquinaria que nunca cesa.

Porque a tortura do seu cranio 
é peor que os tumultos da xente solitarios.

E o contador das bágoas interrómpese na terceira, para que a nostalxia solitaria
ca melancolía solitaria
na noite solitaria
da vida solitaria 
sexa un boom 
que abate desde o seu corazón ata o seu sistema nervioso,
deixando ao individuo solitario
coma un can moribundo e maltratado.