Sempre me resulta difícil.
Rematadamente complicado,
extremadamente duro,
comezar un poema.
Como vomitar:
ao principio sempre custa,
senteste sucio,
hai unha barreira.
Despois da primeira arcada
- xa sexa de estomago ou de corazón -
un pode vomitar e poetizar sen medo.