miércoles, 10 de agosto de 2022
jueves, 4 de agosto de 2022
Unha cuestión ocular
Moitas persoas dinme que teño cousas moi boas:
Unha cariña moi nova,
unha sonrisa pillabana,
moitas virtudes, defectos menores,
grandes calidades, livianos erros...
Que carallo ven?
Como poden estar tan errados?
Din tales cousas, sendo eu, en realidade
tan nimio, tan pequeniño,
translúcido e silencioso.
Sen crer que tales cousas
atravesan as cavidades dos seus ollos.
Onda está aquilo que din?
Que é exactamente?
Non vexo nada diso
Non o sinto nas carnes
Non aparece ante o espello.
Ante o espello só vexo
ansiedades varias
unha cara que non cambia nada
ausencias
medos, tantos e tantísimos.
Só ante o espello sinto con estrañeza
un engano do que aqueles ven
e eu non vexo.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)