lunes, 28 de agosto de 2017

Autopistas

Volveu a brisa do verán, bañada en auga salgada e herba recén cortada.
Chegou a min coa miña nariz completamente conxestionada. 
Mentres observaba como as autopistas que camiñei estaban xa desdebuxadas.
Foron por min abandonadas. 
Sabía que lugares transitei, nesta inqueda camiñata 
mais as fotografías que tomei, estaban incompletas, como inacabadas. 
Vivín grandes fazañas, que agora xa están nun cofre 
de mimbre gastado, esquecidas, maltratadas,
pois non sinto a grandeza que antes eu lembraba.
Sei de onde veño, porque no camiño quedaron pegadas, 
pero semella que agora tornaron pantasmas. 

E o cheiro da primaveira, pasou desapercibido como algunha rapaza 
pola que o meu peito moito non palpitaba.
E o do verán estase a repetir, igual de feble e atractivo
e o do inverno e o do outono, pasaron, pudríronse unha vez mais 
como rosa murcha e desengalanada.

Porén, pretendo revivir a vida das autopistas malgastadas,
unha vida que a cada metro que avanzo semella mais e mais desperdiciada e borrada
virando a vista cara a tumba que me espera ditosa e nada enloitada.

Coido que, 
as autopistas, sempre estarán presentes, aínda que 
non as poida revivir dentro da miña mirada. 

jueves, 17 de agosto de 2017

Exorcismo.

Dentro da soidade silandeira do cuarto espido baixo tez escura e mortecina. 
Sons gotean de cando en vez. 
So eu os podo escoitar. 
Toda a paz enmudécese cando chegan
os susurros de impíos morcegos 
que tentan augurar tristes baladas futuras
sobre apetito e cunchas esmagadas. 

E eu, intento exorcizar estes demos
que teño engaiolados nas miñas costelas
coa luz dos cigarros prendidos, que brillan como a chegada dun novo día.