Se nos fixamos nestas datas
nos acontecementos que rexen os nosos días:
indixentes prostituindo a súa dignidade
por 20 céntimos nunha gran capital
mentres durmen no caixeiro dunha gran multinacional,
os desperdicios que xeramos,
artistas que so se poden gañar a vida
recibindo o alcume de perroflautas,
a poesía que morre cando a cera da candea se remata...
Estas cousas, entre outras,
fan ver que a roda da vida, que non cesa
xira de forma ridícula.
Pero non faltará o tequila
e Exile on Main St. cunha cervexa na man,
as apertas cheas de maxia na madrugada
e sexo matinal.
domingo, 24 de diciembre de 2017
jueves, 14 de diciembre de 2017
Godot.
Pode acaso existir terrorismo de acción contra a espera?:
buses da espera,
horas mortas da espera,
chamadas en espera.
Non aguantar a espera nas salas de espera.
Inmovilidade da espera.
Espera a que pare de chover,
neste espírito que está en continua espera.
Mentres o sol non sae,
o tempo corre
mais áxil que a vida mesma
que se perde esperando
a que algo aconteza.
Esperando a coller os folgos
necesarios para rebatir esta espera
cun acto de vandalismo activo.
Mentres a espera, desespera.
Este reloxo de area non cesa.
As boas novas non chegan.
E así, polo menos, Beckett púxolle nome á espera.
Porque Godot nunca se presenta.
buses da espera,
horas mortas da espera,
chamadas en espera.
Non aguantar a espera nas salas de espera.
Inmovilidade da espera.
Espera a que pare de chover,
neste espírito que está en continua espera.
Mentres o sol non sae,
o tempo corre
mais áxil que a vida mesma
que se perde esperando
a que algo aconteza.
Esperando a coller os folgos
necesarios para rebatir esta espera
cun acto de vandalismo activo.
Mentres a espera, desespera.
Este reloxo de area non cesa.
As boas novas non chegan.
E así, polo menos, Beckett púxolle nome á espera.
Porque Godot nunca se presenta.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)