miércoles, 10 de agosto de 2022
jueves, 4 de agosto de 2022
Unha cuestión ocular
viernes, 20 de mayo de 2022
2) A Xénese de Mr. Lino
Hai noites diversas.
Noites de troula e outras de decepción, outras de nervios antes de facer algunha cousa importante para a persona que os sofre.
As peores son as de insomnio.
As miñas, vamos.
Un aluvión de pensamentos incesantes chegan ao meu torrente mental para facerme ver que:
- non fago nada ben
- non sei exactamente que fago ca miña vida (coma se en realidade alguén o soubese)
- limpar o baño mañá é algo que debería facerse si ou si
- cociñar algo elaborado estaría ben (ainda que despois acabes facendote macarrons con atún)
Pero aquela noite, a da aparición do Sr. Lino, foi completamente diferente. O Sr. Lino manifestouse dun xeito moi inesperado.
Mr Lino 1
O Sr. Lino partiu.
Moito antes de que eu chegara aquí.
De feito, para que eu chegara, el tivera que marchar.
Unha vida por unha vida.
Grazas, Mr. Lino.