viernes, 14 de octubre de 2016

Agua sen area.

Algodón branco 
sobre un tapiz de
terciopelo azul,
foi a mostra
de cómo a delicadeza 
racha e recompón
os adentros.

Sobre unha base
en idioma francés,
perfectamente articulado
e de tímido e doce, 
docísimo son,
asomouse unha mirada
polo deserto
que colleu o meu corazón,
axitouno,
deulle un sopro,
estragoume por dentro
cal terremoto de 7 graos
na escala de Richter.
Foi o aguaceiro 
que hidratou os velos
ilusioros dos soños.
Foi - e é - un recordo
lembrado marcado con tinta
na pel,
o raío que me atravesa ao 
poñerlle cor a aqueles ollos.
Fixo que as miñas constantes vitais
se dobrasen.
Ou triplicasen.


Conseguiu así, 
reanimar a un fodido morto,
co subidón de adrenalina
propio do kamikaze.
Ou do practicate de
deportes de alto risco.
Alto risco topar,
entre tormentas de area e oasis
uns ollos que me fixeron
tirarme da ponte 
e fiarme do arnés
ilusiorio que
me da o poder
deste encontro 
para non esnafrarme no chan. 
Sentín
nunha milésima de segundo
o sol do verán
e que os días eran felices. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario