sábado, 1 de octubre de 2016

Combustión completa.

Cinzas, que todos somos,
materia gris que mancha,
que se impacta no chan ao lanzar as cabichas pola ventá.
Mentres o sol quenta nunha atípica 
tarde soleada de outono. 
Reménxese, ao espectar os edificios pola ventá, nun intre,
as vísceras, parte da cinza, que todos somos,
vendo que o minuteiro corre,
que a agulla do reloxo non para,
que as células están en constante loita para sortear o cancro. 
Vendo como os acontecementos toman forma, pasan 
como tamén pasan os días do verán, 
do verán ao outono, de marzo a decembro
de 12 en punto a 18:10. 
Asimilo qué cousas me achegaron 
a desembarcar neste mesmo intre. 
E paseniño estou, paso a paso
máis chegado a volverme pó grisáceo,
cinzas, que todos somos,
esperando desesperado ao momento
de meterme na cámara de gas,
reducindo as miñas fodidas vísceras 
ao máis insignificante, 
e convertirme así
en cinzas, que todos somos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario