Colocamos un cadaleito
cincuenta e tres
minutos despois do desastre,
despois de dúas viaxes ao extranxeiro
despois doutras historias
de por medio,
despois de abrir
un fondo furado
tres metros baixo
a capa terrestre.
Colocámolo
sobre aquela cúpula transparente, etérea,
osíxeno activo infectante,
que construímos
sobre o territorio
que compartimos,
onde quedou fechado
o falado,
o perdido.
Esa nebulosa refractante,
que deixamos arrinconada
nunha esquina.
Con esta guerra fría
máis fervente e cercana
que ningunha outra.
Con este pacto de anti-belixerancia.
Somos agora rivais,
cando no seu momento
eramos aliados.
Rompeuse a burbulla
coa que flotaba no aire
e me evadía
da realidade
que me obriga, agora, a
pousar de novo
os pes no chan.
Ese lategazo.
Avanzar
e sentir que, por moito
que teñas camiñado
segues no mesmo sitio.
Fodido.
Verte e non verte ao
mesmo tempo.
Ver unha ilusión
desdibuxada, gastada.
Gardando dentro
o mesmo de antes.
Os ledos saloucos,
os bicos inconstantes pero mornos,
as bágoas espellismo de felicidade,
recluídos na trincheira do foi,
inmerso nunha granada sen anel
do que será.
Tolleito presente.
Intacto todo continúa,
sendo testigo da
pantasma que debuxa
o fume destas cinzas
que mais non se poden consumir.
Desta vez,
en distinta tesitura
desta vez.
Estarricados detrás dunha
liña divisoria.
miércoles, 22 de junio de 2016
domingo, 19 de junio de 2016
Proceso deconstrutivo.
Vexo constantemente
en rúas, ou en
espazos íntimos,
a grandilocuencia das falsas
estatuas enormes
que recrean
os tipos
máis indefensos.
Eses escudos que
protexen
algo moi tenro.
Vexo como
existen outros
que tentan debuxar
algo semellante,
quedando coa evidencia
do intento errado.
É tal a tenrura que levan
no seu interior,
que é imposible ocultala.
E mentres, eu, sabendo que
esta loita non é nada sinxela,
pretendo que
a armazón que
vendo malamente como un
pasante de drogas
sexa crible por todos.
Estou en proceso de construción,
e mentres isto acontece,
quedo coa sensación
de que todo o que me rodea
está quebrándose.
en rúas, ou en
espazos íntimos,
a grandilocuencia das falsas
estatuas enormes
que recrean
os tipos
máis indefensos.
Eses escudos que
protexen
algo moi tenro.
Vexo como
existen outros
que tentan debuxar
algo semellante,
quedando coa evidencia
do intento errado.
É tal a tenrura que levan
no seu interior,
que é imposible ocultala.
E mentres, eu, sabendo que
esta loita non é nada sinxela,
pretendo que
a armazón que
vendo malamente como un
pasante de drogas
sexa crible por todos.
Estou en proceso de construción,
e mentres isto acontece,
quedo coa sensación
de que todo o que me rodea
está quebrándose.
domingo, 12 de junio de 2016
Gañar coa derrota.
Pretendo agochar estas cicatrices.
Estas marcas.
Nas que de vez en cando
me apetece furgar, levantar
a pel morta, putrefacta,
que xa estaba a curarse.
E, paradóxicamente,
profundizar dentro da ferida, tamén.
Asegurarme de que existirá por sempre.
Alonxar os ruídos xordos e
envolventes que me perseguen.
Golpes contra as miñas costas.
Tropezóns nos mesmos lugares.
De forma igual. Ou semellante.
Atopar. Non agardar mais.
Asemella ser unha gran opción.
As fendeduras do tempo non
son nada sen
a acción humana.
Estas marcas.
Nas que de vez en cando
me apetece furgar, levantar
a pel morta, putrefacta,
que xa estaba a curarse.
E, paradóxicamente,
profundizar dentro da ferida, tamén.
Asegurarme de que existirá por sempre.
Alonxar os ruídos xordos e
envolventes que me perseguen.
Golpes contra as miñas costas.
Tropezóns nos mesmos lugares.
De forma igual. Ou semellante.
Atopar. Non agardar mais.
Asemella ser unha gran opción.
As fendeduras do tempo non
son nada sen
a acción humana.
sábado, 11 de junio de 2016
Caída libre.
Levo horas acumuladas
de esperas en estacións,
horas mortas en
habitacións pálidas,
vivindo nun horario
analóxico.
Desexando.
Durante tanto.
Buscando aquela
meta que tanto ansiaba,
pola que debecía
dunha forma impaciente.
E sinto que agora
estou preto dela.
O espellismo comeza a
tomar forma.
Estase construíndo
a ponte.
Tecendo o fío
no que facer
o meu traballado
número de equilibrismo.
Desta vez, sen rede
por debaixo. Decidido.
Sen medo.
Ou sen tanto medo
polo menos.
Sabendo que o erro
farame caer para despois
vencer.
Aprendendo que só
batendo cos fociños no chan,
acábase medrando.
Frustración,
espectro negro de vibracións
negativas,
nin ti es tan mala para non aceptarte
ni eu tan bo para qe non me abraces.
de esperas en estacións,
horas mortas en
habitacións pálidas,
vivindo nun horario
analóxico.
Desexando.
Durante tanto.
Buscando aquela
meta que tanto ansiaba,
pola que debecía
dunha forma impaciente.
E sinto que agora
estou preto dela.
O espellismo comeza a
tomar forma.
Estase construíndo
a ponte.
Tecendo o fío
no que facer
o meu traballado
número de equilibrismo.
Desta vez, sen rede
por debaixo. Decidido.
Sen medo.
Ou sen tanto medo
polo menos.
Sabendo que o erro
farame caer para despois
vencer.
Aprendendo que só
batendo cos fociños no chan,
acábase medrando.
Frustración,
espectro negro de vibracións
negativas,
nin ti es tan mala para non aceptarte
ni eu tan bo para qe non me abraces.
jueves, 2 de junio de 2016
Mercy (?)
Buscando o punto
negro
dentro da luz.
Especialista en tomar
un látego de diamante.
Flaxelarme.
Que as pingas de
sangue, se misturen coa
suor fría de hoxe,
coas gotiñas quentes
de auga do diario baño
nocturno.
Cera quente, ardendo.
Sobre as costas.
Pinceladas punzantes de dor.
Tortura. Do ser.
Do non ser e de porqué
ser como se é.
Mentres, ese punto negro.
Ese látego.
Esa cera.
Carcomen. Erosionan. Fenden.
Debuxan brechas
debaixo da pel.
Puro sadismo privado interno.
negro
dentro da luz.
Especialista en tomar
un látego de diamante.
Flaxelarme.
Que as pingas de
sangue, se misturen coa
suor fría de hoxe,
coas gotiñas quentes
de auga do diario baño
nocturno.
Cera quente, ardendo.
Sobre as costas.
Pinceladas punzantes de dor.
Tortura. Do ser.
Do non ser e de porqué
ser como se é.
Mentres, ese punto negro.
Ese látego.
Esa cera.
Carcomen. Erosionan. Fenden.
Debuxan brechas
debaixo da pel.
Puro sadismo privado interno.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)