martes, 31 de octubre de 2017

Contigo

Trascender o banal para divisar o camiño,
banalizar o trascendental para camiñar
así quero continuar por sendeiro sinuoso contigo. 

Bailar co descoñecido camiño perdido,
descoñecer o baile da noite crepuscular
para divisar luces contigo. 

Harmonizar o sentido para ver o camiño mais nítido
sentir a harmonía do teu corpo astral
así ser lobo famento palpándote ata o fígado. 

Reflectir o camiño para avanzalo contigo
camiñar sobre o reflexo dunha sombra boreal
agarrados da man xuntos, sabendo que así, o camiño garda menos perigo. 


domingo, 29 de octubre de 2017

Risco

Hoxe veño a falar do precipicio
de verlle os fociños a un novo inicio
de estupefacto ver tornar 
un segundo nun lategazo. 

E quero chorar
por observar como un mal designio
apodrece a flor mais bela,
como un instante pode 
corromper un alma que pensei que era eterna. 



lunes, 23 de octubre de 2017

Sangue

Desculpádeme, se cando tento sangrar,
Sangro tinta que de min fala.
Sangro porque non son capaz de fuxir das miñas manías malas,
Porque este ego é protagonista de incontables batallas.
Batallas que falan de mar e de sangue,
De sangue e ferida,
De ferida que mata,
De matas de pelo, en zonas calvas.
De calvas que eu temo
E do temor que as veces me asolaga.
Asolagacións que inundan a miña alma
Un alma perdida que non sabe exactamente por onde carallo vaga.  
E que mesmo eu vago perdido moitas veces nalgunha puta tasca.
E nesa puta tasca bebo cervexa barata
Barata si, posto que son pobre de natureza herdadada,
Mentres que barata, demasiado barata tamén é a paciencia que non sempre me acompaña.
Porque non me acompaña ninguén, neste camiño que vai ata a un oscuro destino
e que non é nin de ouro nin de prata.
Porque a morte é a únca compañeira aliada.
Porque quizáis algunha rapaza comigo estivo aliada e fixo ferver en min unha paixón exhacerbada,
Unha paixón que me fixo voar ata terras lonxanas
Pero ben lonxanas quedaron tamén as victorias celebradas.

E durante  o avance polas autopistas que me levarán ata terras furadas
Abertas de par en par,
Agardando que chegue o momento de pousarme nelas,
Introducirme nelas
Despois de que todo o meu sangue flúa pola terra
Que devoren carne, osos e penas
verei á morte aos ollos , nese momento

direille que eu gañei, porque parei de supurar sangue envelenado polas venas. 

domingo, 1 de octubre de 2017

Gettin' me drugged.

Teño medo
de que o fume do tabaco me leve.
Mais son débil. 
Medo de que un día 
sen querer saber os comos e porqués,
te vexa marchar 
nunha viaxe sen retorno. 
Non quero ser tan débil. 
Que te vexa marchar, nunha viaxe sen retorno
mentres a túa sombra ocúltase entre o fume do meu tabaco.
A debilidade pode que me mate. 
Teño medo de que te vexa marchar na túa viaxe sen retorno
mentres o fume do meu tabaco, que borra a túa sombra, me mate lentamente.
Mentres no meu recordo o único que perdure sexa ese fume
que lentamente estame levando, borrando a túa sombra. 

Que deixes de ser luz e convertireste sombra,
que non volvas. 
Mentres no meu peito,
o cancro, sexa o único recordo marcado a lume candente
dos días nos que as noites foron curtas porque durmimos
e os días soleados porque os vivimos.