As ganas de saír correndo, fuxir
Anatomía dun millenial canso
Dende dentro.
martes, 14 de octubre de 2025
de cando sinto medo
As ganas de saír correndo, fuxir
lunes, 13 de octubre de 2025
de cando me vin no espello
miércoles, 10 de agosto de 2022
jueves, 4 de agosto de 2022
Unha cuestión ocular
viernes, 20 de mayo de 2022
2) A Xénese de Mr. Lino
Hai noites diversas.
Noites de troula e outras de decepción, outras de nervios antes de facer algunha cousa importante para a persona que os sofre.
As peores son as de insomnio.
As miñas, vamos.
Un aluvión de pensamentos incesantes chegan ao meu torrente mental para facerme ver que:
- non fago nada ben
- non sei exactamente que fago ca miña vida (coma se en realidade alguén o soubese)
- limpar o baño mañá é algo que debería facerse si ou si
- cociñar algo elaborado estaría ben (ainda que despois acabes facendote macarrons con atún)
Pero aquela noite, a da aparición do Sr. Lino, foi completamente diferente. O Sr. Lino manifestouse dun xeito moi inesperado.
Mr Lino 1
O Sr. Lino partiu.
Moito antes de que eu chegara aquí.
De feito, para que eu chegara, el tivera que marchar.
Unha vida por unha vida.
Grazas, Mr. Lino.
sábado, 6 de abril de 2019
moitos, moitísimos minutos,
demasiadas caricias
e tantos outros momentos...
Pasaron xa noites de chuvia torrencial,
amenceres pacíficos,
teitos de cristal a quebrar...
Pasearon os meus dedos pola
xeografia do teu corpo nu.
Pisaron os teus beizos
todas estas inquedanzas,
todas estas manías,
estas todas miñas ganas de fuxir pola porta de atrás.
E sigo sen entender.
Sen querer comprender.
Que te retén aquí,
que che fai querer seguir collendome da man,
dicirme "eu a ti tamen te quero",
parecendo así, dous nenos, que, na beira do mar,
ollan os lumes artificias iluminando o ceo.