martes, 11 de abril de 2017

Desexo de diferenza.

Partindo da base profunda
do mar en calma que fácil se encoleriza.
Partindo de querer ser 
Partindo de querer ser o fodido iceberg que afundiu ao Titanic.
De querer ser outro ou outra. 
Ser Humprhey en Casablanca
ser George Harrison 
interpretando cun sitar unha hindú balada. 
Con Janis ter unha noite desenfrenada. 

Partindo dos bicos nunca dados,
das caricias nunca aceptadas. 
Sendo o desexo de ser a ilusión do que se quere ser. 
Dos espíritos que sempre regresan. 
Da escapada a cal e canto fechada. 

Partindo do silencio que sempre me acompaña.
Da música que as veces me subtitula,
dos xemidos que me desgarran. 
Desexando que a miña BSO
fose algunha soundtrack macarra. 
Fliparía sendo heroe de capa e espada,
mais so chego a bufón de corte engalanada. 
Sería Freddie Mercury, Marilyn Monroe, Nina Simone, David Bowie. 
Pero son un farsante que mostra as súas ansias de maneira descarada.
Un simple can calado que pola súa comida agarda. 
Debezo por desdibuxar esta cara, 
quitarme a maquillaxe que a enmascara.

lunes, 3 de abril de 2017

Autopsia do pasado.

Recapitulando os intres da nostalxia. 
Wish you were here a todo volume,
furando os tímpanos, así sen pensar.
Sen pensar mais. 
Recapitulando o pasado lastrando ao futuro,
co presente mermado, tintado de azul escuro. 
Recapitulo o Let it Be en Sheffield.
Bicos en lingua estranxeira. 
A primeira probatura desa droga agridoce. 
Recapitulo o 31 de decembro, ano 2011.
Porlle cara á vegoña, á humillación
á dor a gatas dentro do salón. 
Saber que se pode ser moi fillodeputa.
Recapitulo Let it loose facendo ruxir á besta,
coiro de pita e nó por dentro do corpo.  
Recapitulo noites de desenfreno con regusto 
a vodka, tequila e demais
bailando cos compadres nalgún sucio local. 
Recapitulo a primeira marcha fúnebre que seguín,
recapitulo canutos e Extremoduro,
recapitulo o disparo mais certero da anguria
que recibín cando a decepción me invadiu. 

Recollo os anacos desta alma vagabunda
para saber de onde carallo veño e non vagar moribundo.
Mais nada acontece, o tempo mengua este espírito. 
A planitude das banais e inertes cousas
agardando polo fráxil devir das mesmas. 
Nada pasa. Só o tempo. Que arrasa e traspasa
as barreiras desta insana cordura. 
As estelas do pasado son espellismos. 
Algunhas amargas, hai algunhas picantes,
gardo bo recordo das doces. 
Os amores que acabaron na morgue,
o florecemento dos lirios no corazón
e as noites de desvelo fodendo. 

E así será a vida. Iso din. 
De que pasa e non mais. Iso din.
Din.

Que vai de perder, perdendo despois de perder. 
Volvendo a perder. E eventualamente gañar. 
Pero xa non queda claro se se gaña perdendo
ou se se perde gañando. 
Perderase, gañarase. Todo pasará. 
Os sucesos están humanizados: nacen, medran, morren. 
O amor, porén, reprodúcese e nos reproduce. 
Reproducíndonos, outras veces non.
Tanto ten todo, nada importa.
Importa ben todo, nada da o mesmo.