Se eu puidese
tomar con ambas mans
esta dor que me inunda.
Estrangulala.
Afogala.
Transformala nas verbas
que tanto me custa dicir.
Se puidese eu
chorar a mares
a tristura que me asolaga.
Se a convertise en poemas
gastaría o meu soldo
en bolígrafos BIC.
Se fose capaz de
mirarte aos ollos
e admitir que fallei.
Ter o valor para
asumir que metín
medio corpo
dentro dun monte de merda.
Se puidese, se eu puidese
tornar o tabú.
Convertilo na conversación anodina
que acompaña a un café e un cigaro.
Sería o mellor encontro
indiscreto
dunha tarde dominical.
Se existise o reloxo
que me retrasa no tempo,
voltaría a deixarme abraiar
e ser penitente
da luz que brillaba na túa mirada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario