viernes, 20 de mayo de 2022

2) A Xénese de Mr. Lino

Hai noites diversas. 

Noites de troula e outras de decepción, outras de nervios antes de facer algunha cousa importante para a persona que os sofre. 

As peores son as de insomnio. 

As miñas, vamos. 

Un aluvión de pensamentos incesantes chegan ao meu torrente mental para facerme ver que:

- non fago nada ben

- non sei exactamente que fago ca miña vida (coma se en realidade alguén o soubese)

- limpar o baño mañá é algo que debería facerse si ou si

- cociñar algo elaborado estaría ben (ainda que despois acabes facendote macarrons con atún)

Pero aquela noite, a da aparición do Sr. Lino, foi completamente diferente. O Sr. Lino manifestouse dun xeito moi inesperado. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario