que hai que ser moi valente
para vivir con medo.
Máis, pecando de soberbio,
iso non é o que creo.
O valente fai
e o que ten medo fica quedo.
Inmóbil, estatua pavorosa
que nada fai e todo agarda.
As ganas de saír correndo, fuxir
As ganas de saír correndo, fuxir
pero atreverse a facelo, diso nada.
Un foco de enerxía a piques de estoupar,
que non sae dirixido a ningún lugar.
Hai que ser valente para vivir con medo.
Tremenda ousadía.
Ante o que atormenta, valentía.
Hai que ter siso, non facer as cousas de calquera xeito,
mamá di que de valentes está o cemiterio cheo,
que os valentes son os que
se queiman,
se caen
saen magoados.
Os que perdían por facer o correcto.
Hai que ser valente para vivir con medo...
Quizais si, Ángel González tiña razón.
Os medorentos vivimos
-moitas veces, quizáis,
seguro, non sempre-
parados, frustrados,
tristes, enfermos.
Incapaces de dar eses necesarios últimos pasos.
Medo! Un traxe de forza eterno.
Valente covardía está de non avanzar,
estar quieto.
Si que tiña razón, si. Hai que ser tremendamente valente para non atreverse
a mover nin que sexa un dedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario