martes, 7 de noviembre de 2017

Pan.

Teño que admitir que me aterra a idea de verte rodeada de cadeiras e costas de outros brazos,
que te probasen, así como di Ángel González, coma os panadeiros
e te repetisen, e te repetisen.

Porque non es miña, e non pretendo que o sexas,
pero que me acompañes e me mezas no teu sono vívido,
que transitemos esta senda que nos inui casualmente
e que casualmente sexas a luz prendida que guía o camiñar. 

Porque son o afortunado do botín de verte medrar
e así como ti medras, eu tamén son árbore 
que tenta alcanzar o celestial.
Porque son o rei do púlpito no que este levitar me alzou. 
E quero seguir sendo o que ocupa ese lugar especial para ti,
sen que outros brazos te rodeen as cadeiras e as costas
e que, como diría Ángel González, te repetisen e te repetisen,  coma os panadeiros
despois de terte probado. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario