lunes, 6 de noviembre de 2017

Dez pavos.

Hoxe atopeime dez pavos na rúa. 
E aínda así, non me alegro. 
Porque estou conxelado.
Atopeime dez pavos e estou conxelado.
Esta noite avecíñase longa
mentres as pedriñas caen ao baleiro
desde o bordo do precipicio. 

Ese maldito acantilado que subín, 
tan temeroso e ilusionado,
ten fin e eu teño o valor de facer equilibrios sobre un pe,
sabendo que son carente total de ter equilibrio por min mesmo.

Atopeime dez pavos,
mentres o balbordo dos claxons 
e os motores, tintineando as luces dos carros,
inpedíanme soltar as bágoas,
que agora estarricado na cama,
conxelado,
non son quen de extirpar, por moito que devezan por saír. 

Caerei por parvo, chorarei como é necesario, ou me alegrarei por atoparme dez pavos na rúa? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario