lunes, 25 de abril de 2016

#2

Perdido,
neste camiño.
Múltiples bifurcacións
diante de min.
Non emocionan,
tampouco asustan.
Ningunha alternativa visible
parece solución.

Perdido,
pero ledo por
atoparme perdido
atopando o camiño.

Na nada, respirándoa
en nada,
vivindo e
sendo a nada.


Querer desfrutar
do feito de desfrutar
de atopar en troques
de buscar,
Sen desesperada espera,
sen necesidade,
abandonando o medo...
Ese merdento, conxelador,
pero motor de supervivencia.

E as pegadas
que veñen
detrás miña, desta vez
pouco din sobre min.
Non preciso sabelo, desta vez.
Non quero, non.
Non me interesa, desta vez,
non hai necesidade
de entender cómo
estou ante o que me rodea,

Deixando, por unha ocasión,
por unha puta vez,
que sexa o camiño
o que me escolla
en lugar de
elixir un camiño
que de pouco serve.

No hay comentarios:

Publicar un comentario