jueves, 14 de abril de 2016

Día 1

Non hai 
peor tormenta
que a que nos 
mesmos creamos.

Non hai calma 
que apacigüe
este chaparrón,
débil pero constante.
A goteira continua do vivir. 

Non hai xa 
nada que dicir,
pero moito menos
que sufrir.

Non hai perda
porque xa hai
tempo que a 
presenza desapareceu.

E o pouco que 
hai, a min
de pouco me serve.
Para recoller as
cinzas do chan,
para recompoñer
aquel cristal quebrado 
dos marcos das fotos.

Pouco, pouco queda.
Tan pouco o que queda,
que significa baleiro. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario