Cóntame todo o que as dúbidas
fanche sopesar...
que aterran,
petrifícante,
non te deixan
actuar.
Cóntame todo o que queiras
estou
disposto a escoitar,
dende
a mentira á máis
das estúpidas ideas.
Dime, se gustas,
cando tes
pensado volver,
cando cres
que precisas marchar.
A melodía da túa voz
é o único
que me queda.
O último retazo do que
nun momento
existira.
Só permíteme escoitarte,
bailando os teus éxitos,
rumiando os teus fracasos... Pero
non tornarei molesto
ou odioso
se non podo,
Se ti non queres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario