domingo, 8 de mayo de 2016

Resaca ficcional.

Vida, esa grande e única: 
hoxe, só hoxe, permitinme 
caer,
quedar axeonllado. 
Ante os teus golpes.
Ante esa diversión que
ten para ti
causar estragos.
Por facerme pensar.

Recordar ao queridos
que se perderon polo
camiño,
recordar cantar baixo
as noites feiticeiras
de lúa chea. 

Facerme ter en conta
da merda que me rodea,
merda intelectual. 
Propia e de niguén mais.
Ficticia.
Por saber que non son tan malo.
Por saber que son
mellor do que eu
creo que son
e sabelo
e non creer que o son
e non saír deste puto bucle,
círculo que
sube e baixa,
que vai dun polo 
positivo cara un
negativo. 
Sen fin, sen saír. 
Unha especie de eterno retorno.

Escoitar "Wish you were here"
baixo a chuvia,
chegar a Ítaca, 
bailar sen descanso
nunha noite de 
indixente inxesta alcohólica.
Esas cousas, entre outras,
que retorcen os fígados,
alteran os sentidos, 
retumban o corazón. 
Que supostamente nos fan sentir vivos.
Hoxe, só hoxe, non sinto vida...

Ou quizás sexa ao revés...

Que este nó no estómago,
sexa en realidade, 
este nó sexa que me sinto verdadeiramente vivo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario