Non.
Non outra vez.
Non vou pensar de novo
nun lance patetico.
Négome a caer neste vicio circular.
De ser o autor do naufraxio,
protagonista do desastre,
demo dos meus infernos.
Non volverei buscar
que a desgracia chegue.
Non farei dos meus actos
un prólogo dunha nova derrota.
Xa chegou o día
de deixar ser penitente
desta cadea perpetua de
sombra.
E se o despido, falta improcedente
chega, que sexa porque
a providencia así o ten marcado
pero non quero ser eu
o artífice da miseria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario