sábado, 10 de diciembre de 2016

Memoria na fraxilidade da noite.

Acuso de ter noites de insomio.
Tírome no chan da terraza,
mentres a chuvia me exorciza. 
Pum-pum resoa máis lento.
Un furacán estoupa o meu bazo.
Non estou seguro 
de que é o perdón.
Nin a vida nin o amor. 
Tinguido o meu paraugas
da cor do medo está. 
Son un fillo patético máis 
desta podre civilización.
Un ente racionalmente 
paixonal: Cando a luz da bombilla
pártete polo medio coma un raio. 


A tromba cesa,
pero non estou tan empapado
coma por dentro.
Saio, fuxo outra vez.
Deixo ás pezuñas que 
marquen o rumbo.
O intelecto colapsado
mantense en stand by


Por fin, na rúa xa non
están agochadas as miradas da envexa,
tampouco as puñadas das verbas.
Furtivas móvense
e observan e matan polo día. 
Familias sorrín 
mentindo co marabillosa que
é a su fodida vida. 
Pena non ser invisible,
pena non ser non nato,
pena non ser tan alto,
pena non ser tan guapo,
pena non ser,
pena non ser moitas cousas, verdade? 
Nego aos meus anxos e 
afirmo aos meu demos
mentres se me da moi ben
ser o executor do meu flaxelo. 


Silencio.


Cruza unha
rápida ambulancia pola estrada.
A patria global perde un membro.
Oprímese levemente
o corazón.


Volve o silencio.


Chego ao meu fogar, 
o teu e de todos. 
Por desgraza os mendigos
ateigan a praza da igrexa.
Primo de Rivera titula a súa entrada. 
Os mendigos non están na igrexa,
Prosegur non lles deixa. 
As súas portas están falsamente abertas. 
Falso, falso é o que vexo.
Falso deus, falso amigo, falsa vida. 
Egoísta verdade,
verdadeiro asco, medo,
verdadeira rabia, ferida.
Alzo a mirada,
mentres apuro un cigarro.
"Señortodopoderoso", 
podre, cego, xordo, despreocupado,
cada calada aproxímame máis
a este fétido corazón 
ao teu falso reino de devota ilusión. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario