miércoles, 22 de junio de 2016

Mapa conceptual.

Colocamos un cadaleito
cincuenta e tres 
minutos despois do desastre,
despois de dúas viaxes ao extranxeiro
despois doutras historias
de por medio,
despois de abrir
un fondo furado 
tres metros baixo
a capa terrestre.
Colocámolo
sobre aquela cúpula transparente, etérea, 
osíxeno activo infectante,
que construímos 
sobre o territorio 
que compartimos,
onde quedou fechado
o falado,
o perdido.
Esa nebulosa refractante,
que deixamos arrinconada
nunha esquina.

Con esta guerra fría
máis fervente e cercana
que ningunha outra. 
Con este pacto de anti-belixerancia. 
Somos agora rivais, 
cando no seu momento
eramos aliados. 

Rompeuse a burbulla 
coa que flotaba no aire
e me evadía
da realidade
que me obriga, agora, a 
pousar de novo 
os pes no chan. 

Ese lategazo. 
Avanzar 
e sentir que, por moito 
que teñas camiñado
segues no mesmo sitio. 
Fodido. 
Verte e non verte ao 
mesmo tempo. 
Ver unha ilusión 
desdibuxada, gastada.
Gardando dentro 
o mesmo de antes.
Os ledos saloucos,
os bicos inconstantes pero mornos,
as bágoas espellismo de felicidade,
recluídos na trincheira do foi,
inmerso nunha granada sen anel 
do que será.
Tolleito presente.
Intacto todo continúa,
sendo testigo da 
pantasma que debuxa 
o fume destas cinzas 
que mais non se poden consumir.
Desta vez, 
en distinta tesitura
desta vez.
Estarricados detrás dunha 
liña divisoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario