viernes, 9 de febrero de 2018

Ela.

Ela non comparte fotos nosas por Instagram,
nin fai apoloxía de terrorismo amoroso por outra rede social.
Non se amosa fachendosa das cousas que facemos antes os demais. 

E non importa. 

Pois ela elixiu non formar parte da tormenta,
para ser orballo de tarde de outono, no que despois sae o sol.
Ela elixiu non ser a fría noite,
para ser o dourado brillo da maña. 

Ela, que preferiu ser a imaxe da tenrura
fronte a atrocidade dun mundo violento. 
Ela aceptou, sen ningun pacto condescendente,
ser a soportable levidade do ser nunha vida tan pesada. 

Ela, tan íntima e a vez tan distante,
tan excelsa e tan nimia, 
tan ousada e tan tímida,
nobre, 
pobre de maldade, chea de malicia xoguetona,
tan sua, consigo mesma, comigo tamen. 

Ela, aceptou moitas cousas sen ser consciente,
e eu conscientemente, aceptei todo o que ela me ofrecia 
sen ningun tipo de clausula vinculante. 

Ela, consigo mesma, comigo tamen 
E ela tamen aberta, magnificente, libre,
libre de ela, libre de min.

No hay comentarios:

Publicar un comentario