lunes, 22 de enero de 2018

Pupila.

Dicíallo constantemente sen que o soubese. 

Cando os nosos ollos se atopaban
e as pupilas se me dilataban.
Cando cheiraba o seu negro cabelo
e o seu embigo lle bicaba.

Quérote, dicíalle. 
Sen que se percatase.
Sen imaxinar que non me decataba
de que se percataba perfectamente.

E respondíame tamén a min cas súas pupilas dilatadas,
cos seus beizos percorrendo a xeografía de gran océano e illas varadas
das miñas costas.
Co seu tacto quente mecéndome no sono da pel suave.

E, era así como me dicía,
quérote a ti tamén. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario