Se nos fixamos nestas datas
nos acontecementos que rexen os nosos días:
indixentes prostituindo a súa dignidade
por 20 céntimos nunha gran capital
mentres durmen no caixeiro dunha gran multinacional,
os desperdicios que xeramos,
artistas que so se poden gañar a vida
recibindo o alcume de perroflautas,
a poesía que morre cando a cera da candea se remata...
Estas cousas, entre outras,
fan ver que a roda da vida, que non cesa
xira de forma ridícula.
Pero non faltará o tequila
e Exile on Main St. cunha cervexa na man,
as apertas cheas de maxia na madrugada
e sexo matinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario