Partindo da base profunda
do mar en calma que fácil se encoleriza.
Partindo de querer ser
Partindo de querer ser o fodido iceberg que afundiu ao Titanic.
De querer ser outro ou outra.
Ser Humprhey en Casablanca
ser George Harrison
interpretando cun sitar unha hindú balada.
Con Janis ter unha noite desenfrenada.
Partindo dos bicos nunca dados,
das caricias nunca aceptadas.
Sendo o desexo de ser a ilusión do que se quere ser.
Dos espíritos que sempre regresan.
Da escapada a cal e canto fechada.
Partindo do silencio que sempre me acompaña.
Da música que as veces me subtitula,
dos xemidos que me desgarran.
Desexando que a miña BSO
fose algunha soundtrack macarra.
Fliparía sendo heroe de capa e espada,
mais so chego a bufón de corte engalanada.
Sería Freddie Mercury, Marilyn Monroe, Nina Simone, David Bowie.
Pero son un farsante que mostra as súas ansias de maneira descarada.
Un simple can calado que pola súa comida agarda.
Debezo por desdibuxar esta cara,
quitarme a maquillaxe que a enmascara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario