O seu plumaxe perdeu brillo
formando parte da agónica paisaxe urbana.
Xa non cantarás máis, pobre paxariño,
e eu gardarei un oquiño
para lembrar como un espazo baleiro ocupou o teu sitio.
Dígoche adeus, como meu pai llo dixo ao meu avó,
e como este llo dixo ao seu,
e o seu díxollo tamén ao seu,
e este ao seu tamén,
e como así aconteceu século tras século.
Agonizando as despedidas ata o mínimo común segundo.
E supoño que, nisto de dicir adeus,
todos nos curtimos, e a min tocoume facelo
vendo como marchaches daquí, pequeno paxariño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario