Para cando
prender as candeas?
Para cando a luz
da maxia desapareza.
Para cando as
bágoas na poesía?
Para cando a esperanza
se vexa un tanto diluída.
Para cando esquecerse
da artrite?
Para sanarse nun piano
e que os sentidos se dinamiten.
Vestirse cun manto
de elucubrante desespero
e correr,
como se foses máis veloz
que a trepidancia da luz,
fuxir,
como fuxe a esperanza
un martes de madrugada,
escapar,
entre os recovecos que a música
garda e tece para a tromba
da cascada, manantial
de auga salgada que agarda
para correr, fuxir, escapar.
Escapar da música, da esperanza, da maxia
e así reatoparse con elas,
abrazalas,
pegalas a ti, buscalas.
Esperanza sen esperas,
maxia sen efecto e
música con silencio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario