Despois de ter loitado
con Marte,
despois dun encontro casual
con Medea.
Eolo enderezou o rumbo
do meu navío
despois de que a pitonisa
me lera o futuro,
misturado con sangue e suor
en Delfos.
Atraquei anteriormente en Esparta,
alí, Zeus despediuse de min
desexándome valentía
na miña enrevesada travesía.
Caín no pozo da beleza
ao ver os ollos de Helena
xusto antes de que
o Cabalo de Troia
arremetese contra Príamo,
sendo asasinado por Aquiles.
Coñecín o lado máis podre
da vida,
ao saber que Hércules
era un simulacro de deus
enxendrado pola pestilencia.
Cruzo agora o Adriático
co corazón orgulloso
e o medo abandonado.
Soñei e soño contigo, Ítaca,
mentres agardo cíclopes,
medusas e sereas neste mar
encolerizado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario