jueves, 19 de enero de 2017

Presente esquivo.

Nunca me arrepiei con 
algunha caricia túa,
nin me vin reflexado 
na túa mirada.
Tampouco disfrutei
do arrecendo 
da túa pel,
nin sequera 
probei a mel
que vaga polo teu pescozo.

Mais, en realidade, sí que o fixen. 

Xa o fixen sen facelo.
Estouno disfrutando, mais non o disfruto.
Agardo soñarte sen apenas pestanexar.

O recordo 
da túa presenza
dos teus pasos
do teu cheiro
vai un paso diante de min.
E cando semella que estou
a piques de atrapalo
esfúmase.
Adiántase unha vez máis.
Téño comigo a túa carne
e tampouco a teño. 
Nin bufei na noite colérica contigo,
nin rosmei mansamente polas túas inocentes burlas,
nin me emocionei cando me ofreciches o teu abrigo...

Mais en realidade, sí que o fixen. 

E o momento presente,
é unha vaga ilusión
do que xa case -pero non, nunca- puiden roubarche.
Ese momento, adiántase. 
Escorrégase, fíltrase entre as miñas mans.
Estando sen estar.
Faltando sen faltar.
Ocultándose sen ocultarse. 
Gáñandote.
Perdéndote.
Sendo así como son as cousas, 
nunca te biquei,
nunca te abracei,
nunca vivín 
escuridade de éxtase marcando pegadas
en carne viva. 

Mais, en realidade, sí que o fixen. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario