Espero que me poidan explicar
-unha das moitas-
tolemias irracionais humanas:
terror terrible e tremebundo
a caer dun precipicio
se xa se foi anteriormente
como tantas outras veces
un kamikaze sen escrúpulos.
Que a ansia, traidora corrupta,
volve a facer as paces contigo
e acompáñate nunha travesía
de pan para hoxe e quen sabe
se fame para despois.
Que semella moi doado ascender
e fantasear observando
pálida e fermosa bóveda celeste
chegar aos acantilados
sen saber que divisarás ao horizonte
mais sabendo tamén que a vertixe
embriagará a túa psique.
Que a fina, finísima liña
que separa loucura de cordura
é invisible...
Ou mais ben ven licuada nun furacán
onde a antítese evapórase.
A temeridade toma un valor
inconscientemente heróico.
Estático inmóvil,
bloqueo,
estatua do seculo XVI
durante 10 minutos,
2 horas,
45 segundos
mais eternos que unha misa dominical.
E sabes que podes dar a volta e liscar,
pero non é o teu estilo desertar,
tes mais curiosidade por saber
ata onde podes chegar.
E sabes que dar a volta e liscar,
fuxir, cobarde rapaz,
é sinonimo de valentía incapaz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario