Perdín a conta
de todo o veleno
que os meus poros
supuraron
temendo que chegase
unha funesta inundación.
Asumín a miña caída
nun pozo profundo
mais en verdade
fun o construtor do meu féretro.
E por parvo, iluso,
inocente tal vez,
volvinme esquelete de diamante,
ermitaño na sombra, dubidando
se as luces claras, salvadoras
eran reais
ou un simple espellismo mortuorio.
En canto a ti, Doutor Jekyll é o teu traxe
mostras a túa verdade
regalándoa, bandexa de prata,
vexo o teu embuste, o teu disfrace oculto
tras cortina grandilocuencia narcisista
e, cos teus dentes afiados coma navallas
agochas tras de ti
as túas putas verdadeiras intencións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario