lunes, 9 de enero de 2017

Delirio

Son bomba cronometrada
que non sabe cando estoupará,
dentro das miñas costelas,
carga explosiva 
capaz de arrasar con medio planeta.

Volátil, ansioso,
a saber a canta distancia 
se atopará a temida mecha.

Esquiva serpe,
repta, repta ao seu gusto,
esquivou sombras,
recorre terreo
calculando traxectoria.

Lobo de estepa,
desgustado da súa raza,
antagonista solitario,
deudor da súa herdanza.

Os meus ollos brillan
con luces incandescentes,
metralla de neón 
e candeas perfumadas.
Auséntanse co problema
e o silencio das palabras.

E está cabeza
estuda, medita, comprende, resolver, dubida...
coma un motor escangallado de desguace.
Sen descanso.

Quen sabe
se a temida mecha
atópanse dentro
das miñas pertenzas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario