Suor candente.
Tarde neboenta.
Difícil vivir en paz
cun mesmo.
Difícil vivir dentro desta pel.
Pel de fantoche,
pel de escama.
O templo é tamén prisión.
Moeda de dobre cara,
rei dos pestilentes,
mártir dos benévolos.
Desexos de estoupar,
que as cinzas escapen cara outro lugar,
a outro paraíso terreal,
onde sexa comprensible camiñar
a contracorrente da marea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario