martes, 24 de enero de 2017

Dalgunha das noites de profundo e constante insomnio.

Para cando 
prender as candeas?
Para cando a luz
da maxia desapareza.
Para cando as
bágoas na poesía?
Para cando a esperanza
se vexa un tanto diluída. 
Para cando esquecerse
da artrite?
Para sanarse nun piano
e que os sentidos se dinamiten.

Vestirse cun manto
de elucubrante desespero
e correr, 
como se foses máis veloz
que a trepidancia da luz,
fuxir,
como fuxe a esperanza 
un martes de madrugada,
escapar,
entre os recovecos que a música
garda e tece para a tromba
da cascada, manantial 
de auga salgada que agarda
para correr, fuxir, escapar. 
Escapar da música, da esperanza, da maxia
e así reatoparse con elas,
abrazalas, 
pegalas a ti, buscalas.
Esperanza sen esperas,
maxia sen efecto e 
música con silencio.  



No hay comentarios:

Publicar un comentario