lunes, 10 de octubre de 2016

Ferocidade.

Vomitando sobre papel
atopei as cervexas sen gas
que Charles nunca bebeu.
Dentro dun remuiño atopo a saída.
Burbulla fresca osixenando a mente.
A amalgama cranial toma forma 
baixo a estela de verbas que de retorcida
e salvaxe natureza,
amánsanse ao ser cuspidas. 

Demiurgo son grazas a ti, 
poesía, 
ordenando os fascículos privados
e co poder da tinta azul, 
fágoos publicos ,de forma embriagadora,
como nun soño underground.
Takin' a walk on the wild side. 

E mentres, 
resoa o ruxido do león.
Da besta nocturna que oculto ao sol. 
Do paxaro azul que do meu corazón 
xa escapou. 

Ruxe coa forza da terra perdida,
da patria que aldraxa aos patriotas,
da esperanza diluída nunha copa de Jack Daniel's. 

Non vai parar,
e non o podo parar.
Non espera parar,
e non o quero parar.
Estoura a súa forza elevándome da tempestade
para danzar tímidamente
como algunha das brizas de herba de Walt. 

Vólvome monstro  que destrúe, corrompe
e extorsiona desde o abdome as verbas. 
Son animal da sabana procurando unha nova presa. 
Converto a puta noite longa de pedra tormentosa
de Celso Emilio 
en explosións de quilates de ouro. 
Desmonto e desboroto á Lydia 
coa que Bukowski tanto fodeu
e tan pouco puido querer. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario