viernes, 29 de julio de 2016

Náusea(bundo)

Sinto náuseas.
Resulta que
non todo o branco
é moi branco
e o negro... 
É aínda máis negro. 

Sinto náuseas. 
E teño un coitelo.
Cravado. 
Nin idea de cómo quitalo.
Non lle chego.

Sinto náuseas 
e teño os cotenos
ensanguentados.
De golpear furiosamente 
as paredes. 

Sinto náuseas, máis do que 
debería.
Cando semella que 
esas náuseas marchan 
para poder vomitar... Non, pois non.
Non, non vomito. 
Pero as putas 
náuseas ben que volven.

No hay comentarios:

Publicar un comentario