Resúltame, certas veces,
unha merda
como se esfuma
o que pretendo conseguir
entre as
miñas mans.
Ese oasis
que se volve
espellismo,
para deixarme
afundido.
Farto de ver
como, ás veces,
un trata de lograr
algo que desexa, que ansía
e ver como as súas ilusións
acaban no sumidoiro.
Semella complicado,
de vez en cando,
non sentirse fodido
con esta sensación
amarga.
Foco ardente abdominal.
Sobretodo cando
sentes que é unha
constante. Iso de
estar a piques. Preto.
E en realidade esa cercanía
é a maior distancia
coa que te podes topar.
Non chegar a
romper a puta
liña de meta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario