Teño momentos
de lúcida nostalxia
nos que lembro
con anos de distancia
certos ollos. Verdeamarronados.
Nos que me afundín.
Surmerxinme
tantas veces,
que aínda hoxe
podería definir
con exactitude como
brillaba a túa mirada.
Nos que, aínda hoxe,
está moi presente
na memoria,
como se escoitaba
o teu riso.
Como se iluminaba
a túa cara
cando amosabas ese
tímido sorriso.
E quizáis é, por iso
polo que me alegro
de que xa non
esteas mais aquí.
Porque é mellor
lembrarte que
terte ao lado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario