desta inherente cadea.
Onte reptei a ras de chan,
mañá formarei nubes de chuvia ácida.
Hoxe son un sucedáneo de carbono
e dúbidas sen capacidade de resolución.
Hoxe son un sucedáneo de carbono
e dúbidas sen capacidade de resolución.
Quizáis eu proceda da descomposición dalgún astro:
fillo do meteorito Willamette, Oregón, 1902,
fillo do meteorito Willamette, Oregón, 1902,
humanizado tal vez só temporalmente.
Gardo Casiopea no meu peto esquerdo,
Orión anuda os meus vaqueiros,
mentres, a terra, é un dos froitos
que brotan dun castiñeiro.
Albergo constelacións no peito e
as estrelas fugaces bombean sangue
dun corazón radiante.
Amando psicodelia astral do
Shine on your crazy diamond - Pink Floyd
tomando un baño sensorial
de dietilamida de ácido lisérxico.
Reflexións foron ben sustentadas
polos susurros piadosos dos cogumelos.
Orión anuda os meus vaqueiros,
mentres, a terra, é un dos froitos
que brotan dun castiñeiro.
Albergo constelacións no peito e
as estrelas fugaces bombean sangue
dun corazón radiante.
Amando psicodelia astral do
Shine on your crazy diamond - Pink Floyd
tomando un baño sensorial
de dietilamida de ácido lisérxico.
Reflexións foron ben sustentadas
polos susurros piadosos dos cogumelos.
Universos paralelos establécense entre
a fugacidade das constelacións estelares
a fugacidade das constelacións estelares
e a putrefacción da carne.
Ambos sepáranse, fúndense...
Sublímanse nun todo.
Inesgotable. Inabarcable.
Expansión e contración equitativas e constantes.
Irradiación máxima,
autopista da enerxía universal.
Expansión e contración equitativas e constantes.
Irradiación máxima,
autopista da enerxía universal.
Mentres, eu, ti, o de acolá,
herbas do verán,
a cervexa sen rematar,
follas do outono,
a cervexa sen rematar,
follas do outono,
cans abandonados perseguindo gatos de rúa
que perseguen ratos de sumidoiro,
drogadictos e banqueiros,
que perseguen ratos de sumidoiro,
drogadictos e banqueiros,
a auga turbulenta das cascadas mais espléndidas,
mazás podres e limóns nacendo nos limoeiros...
formamos parte do mesmo cosmos,
somos o cosmos,
somos o cosmos,
somos unha das inmensas e interminables ramificacións
que conforman o cosmos.
Renovándose.
Reanimándose.
Evitando a autodestrución.
Quen me asegura unha vida eterna?
Ninguén.
Eses mesmos que aseguran,
que afirman,
que mataron e matan por aquelo,
que ten que existir un
ser elevado e supremo.
Desculpen amigos, pero esta idea
de adoctrinamento
fronte a un benévolo suicida,
a min non me seduce.
De crer nalgo, crerei
en min mesmo.
E falto de devoción
e fe
farei o que, como e con quen quero,
mexarei por riba dun manuscrito lonxevo,
foderei se torna dictador o desexo,
morrerei e escaparei anos luz
pola porta ao universo, o ceo.
Atopareime noutra vida, - se é que a hai de novo -,
despois de tantas outras
sendo rei, ancián e escravo
con aqueles
- sen a mesma materia, raza, forma,
xénero, aspecto... -
que foron fogosos amores,
tamén os que foron enemizade frustrosa
tamén os que foron decepción, amargura,
sufrimento.
Teño asegurado que lle pasará a esta carne,
pero non á enerxía candente que leva dentro.
Desexando expandirse, tornar raio luminiscente,
como a bomba que porta un suicida
coma o estoupido do amencer.
Por iso mesmo - e por outras razóns -
son un desertor cristián
buscador ateo dun salvoconducto
que permita crer nalgo.
E afirmo, que non sei de onde veño
nin cara onde marcharei,
pero sei que o meu paso polo mundo
é eterno.
Reanimándose.
Evitando a autodestrución.
Quen me asegura unha vida eterna?
Ninguén.
Eses mesmos que aseguran,
que afirman,
que mataron e matan por aquelo,
que ten que existir un
ser elevado e supremo.
Desculpen amigos, pero esta idea
de adoctrinamento
fronte a un benévolo suicida,
a min non me seduce.
De crer nalgo, crerei
en min mesmo.
E falto de devoción
e fe
farei o que, como e con quen quero,
mexarei por riba dun manuscrito lonxevo,
foderei se torna dictador o desexo,
morrerei e escaparei anos luz
pola porta ao universo, o ceo.
Atopareime noutra vida, - se é que a hai de novo -,
despois de tantas outras
sendo rei, ancián e escravo
con aqueles
- sen a mesma materia, raza, forma,
xénero, aspecto... -
que foron fogosos amores,
tamén os que foron enemizade frustrosa
tamén os que foron decepción, amargura,
sufrimento.
Teño asegurado que lle pasará a esta carne,
pero non á enerxía candente que leva dentro.
Desexando expandirse, tornar raio luminiscente,
como a bomba que porta un suicida
coma o estoupido do amencer.
Por iso mesmo - e por outras razóns -
son un desertor cristián
buscador ateo dun salvoconducto
que permita crer nalgo.
E afirmo, que non sei de onde veño
nin cara onde marcharei,
pero sei que o meu paso polo mundo
é eterno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario