miércoles, 12 de octubre de 2016

Memento homine.

Atronaron trompetas coma un lóstrego 
anunciando a chegada do conquistador. 
Os látegos dos seus súbditos buscaban 
carne fresca á que someter. 
Idea fantástica subxugar 
a un pobo inferior para eles,
para chuparlles cal lapa
a riqueza vital e cultural. 
Algún que outro se embebedeu e festexou
ter asasinado a anciáns,
maltratado nenos e mulleres. 

Arremeteron -os moi cabróns- 
contra o pobo do lugar.
Os seus cabalos apestaban ao sangue das víctimas
que torturaron, que mataron
na conquista do día anterior. 

A estratexia imperialista
foi submisión ou decapitación. E violación. 
Colón abriu o camiño da debacle dos indíxenas 
no Perú, Bolivia, Paraguai... 
Hernán Cortés, esclavista, man executora
do látego que converteu aos pobos mexicanos
a exportadores do reinado español. Brava cobardía.
Na península frotábanse as mans:
"Podremos formar un imperio"
-pensaban os católicos- "el imperio español".
Hoxe día seguen vendendo ao asasino 
coa pel que Hércules vestiu 
despois de matar ao León de Nemea. 
Non decataran que os chamáns
auguraron mal para eles no futuro. 
Soberanos xeográficos do mapamundi. 
Qué honra, non? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario