Dime, compañeira
se nos albores da
longa noite que vivimos
atopaches a paz
que tanto cobizabas.
Dime, compañeira,
se a pesares da derrota,
como avanzaches polo teu camiño.
Se ti pensas, coma min,
que fomos feroces inimigos
do adverso lado da ruindade.
Que fomos o exemplo da loita antifascista,
que vivimos a maxia
das noites de gloria nas que a carne
fundíase,
pasar da dualidade á unidade.
Dime, tamén,
se dentro daquela burbulla
viamos un mundo cheo de cor.
Se recoñeces que loitamos
cóbado con cóbado
no campo de batalla
e tornámonos bravos loitadores
malia que o fin da guerra
deixáranos vencidos.
E, agora, compañeira,
tras a estela de lume
que os nosos pes debuxan na traxectoria,
atopámonos, fronte a fronte,
ollo contra ollo,
e dime como a pesares da derrota
a nosa historia
foi o poema de épica
mais brillante da nosa existencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario