dos falsos escudos. Non me representan.
Son o habitante da miña patria
erixida a cada paso que dou.
Son camiñante polo mundo e a vida,
a xeografía global
é o meu pasatempo favorito.
Renego do patriotismo casposo
que inunda
a mentalidade dos que
baixan a cabeza
ante o roubo e o maltrato,
renego desta podre fobia imperante e constante
ante o descoñecido.
Renego dos traxeados cuxa chaqueta cambian
segundo a cor do billetes que lles agasallan.
Políticos e banqueiros, desahuciando o espírito do pobo.
Eses, señores da moralidade, proxenetas da mesma.
Puteiros e narcotraficantes disto son testigos.
Renego desta sociedade
que nin fala nin se olla entre ela.
Nin aprende do seu pasado.
Algúns aínda pensan que con Franco
os tempos eran louvados.
Renego incluso de min,
tan afundido na masa, adoctrinado,
as redes sociais, os xornais fanme ferver
con cada inútil cambio.
con cada inútil cambio.
Son un borrego mais desta alienada poboación.
Co don da dúbida soterrado, submerxido
nunha fosa abisal.
Estamos ante unha partida de xadrez
na que somos peóns de merda,
que morren por uns reis que sudan de nós,
despreocupados ante a fame e a pobreza dos
seus supostos protexidos.
seus supostos protexidos.
Renego de ti, Sam pelele,
tío dos gringos, padriño dos mortos en Vietnam,
protector do emperador capital e o seu dogma imperante.
tío dos gringos, padriño dos mortos en Vietnam,
protector do emperador capital e o seu dogma imperante.
Tamén da súa barbarie globalizora e destructivamente impretialista,
Destrutor de culturas.
Ronald McDonald estará empalmado na súa tumba.
Sabe que nenos chineses e vietnamitas
saen dos talleres clandestinos de Amancio
para paparse a súa fast food de merda.
Ronald McDonald estará empalmado na súa tumba.
Sabe que nenos chineses e vietnamitas
saen dos talleres clandestinos de Amancio
para paparse a súa fast food de merda.
Pero renego tamén
de deixarme aplastar por esta
putrefacta realidade.
Renego de ser un suicida,
renego de desafiuzarme desta vida.
de deixarme aplastar por esta
putrefacta realidade.
Renego de ser un suicida,
renego de desafiuzarme desta vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario