Cinco en punto.
Repicaban as campás
da praza maior
da vila.
Achegábase un automóbil
con aspecto fúnebre
e as xentes do lugar
esperaban a chegada
do benefactor.
O esperaban chegados
de traballar a terra que
coidaban e mimaban
como se fose
unha filla máis
de entre tódalas que tiñan.
Saía él, sendo defendido
por indecentes homes
vestidos de loito
que salvagardaban
as súas costas por catro patacóns.
O señor cacique estaba temeroso
do seu pobo.
Eles o esperaban, coa forza
feroz da marea brava,
co ímpeto do furacán.
Os seus sachos clamaban
vinganza pola terra que
lles foi desherdada.
O ruín vestido de blanco impoluto,
cheiraba a pucheiro cheo de mofo.
En pleno proceso de putrefacción.
Él, co demo do medo latindo
polas súas veas,
intentou entrar na casa corrupta
no seu dominio de inmoralidade
e placer narcisista
mais veloz que unha lebre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario