lunes, 13 de octubre de 2025

de cando me vin no espello

É posible ser tan
zafio, necio,
engreído. 
Volver á poesía 
só cando teño o interior
consumido. 

E ela segue aí. 
Clara, limpa.
O espello que indica 
onde está a ferida que supura. 

E que eu, outra vez, 
zafio, necio,
engreído,
non son capaz de atopar
por min mesmo.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario