martes, 31 de octubre de 2017

Contigo

Trascender o banal para divisar o camiño,
banalizar o trascendental para camiñar
así quero continuar por sendeiro sinuoso contigo. 

Bailar co descoñecido camiño perdido,
descoñecer o baile da noite crepuscular
para divisar luces contigo. 

Harmonizar o sentido para ver o camiño mais nítido
sentir a harmonía do teu corpo astral
así ser lobo famento palpándote ata o fígado. 

Reflectir o camiño para avanzalo contigo
camiñar sobre o reflexo dunha sombra boreal
agarrados da man xuntos, sabendo que así, o camiño garda menos perigo. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario