viernes, 11 de noviembre de 2016

Materia oscura.

Non contento 
co sedentarismo
que me rodeaba,
camiñei,
volvinme nómada das rúas
perdidas e barnizadas
coa cor das pedras calcáreas. 

Volvinme peregrino
dun sendero inóspito
de céspede e grava
e non atopei acomodo
en ningunha parte en concreto.
Ningún lugar ao que
volver de vez en cando. 
Sendo un vulgar vagabundo
sen destino fixo.

Perdinme unha vez,
dúas, tres, 
para atopar. 
Para non estar, paradóxicamente,
tan perdido. 
Para poñerlle final
a esta falta de enerxías
que me provoca
ver a tanto individuo,
tanto desapego por todo
e todos. 

Desapegueime dos lazos da sociedade
para fuxir do desapego,
individualizeime para fuxir dos
individuos. Ou mais ben das súas sombras.
Das feridas, das cicatrices.
Para qué querería eu
recibir puñadas e patadas?
Extirpei este tumor
incómodo
que crea disconformidade. 
O cancro da lacra vital. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario